A Federación Veciñal entende xustificada a convocatoria de folga xeral para o 29 de setembro.

Xoves, 09 Setembro 2010

  • A Comisión Permanente da FAVEC mantivo unha xuntanza coa Executiva Comarcal da CIG.

Na tarde do día de onte, mércores 8 de setembro, unha delegación da Executiva Comarcal da CIG de Vigo, composta polo seu Secretario Comarcal, Serafín Otero, o Secretario de Organización, Anxo Igrexas e maila Secretaria de Finanzas, Chelo Lago, mantivo unha xuntanza cunha representación da Comisión Permanente da FAVEC integrada pola súa Presidenta, María Pérez, o Secretario, Xabier Pérez Igrexas e mailo Tesoreiro, Carlos Formigo.

A reunión, celebrada por solicitude da central sindical nacionalista, centrouse na convocatoria de folga xeral para o 29 de setembro. Os dirixentes do sindicato, trasladáronlle á Comisión Permanente a valoración que fai a CIG do actual marco de crise e da reforma laboral impulsada polo goberno central, á que se opoñen frontalmente.

>>Seguir lendo

A Federación Veciñal pide á Xunta a paralización da concesión privatizadora do novo Hospital.

Xoves, 26 Agosto 2010

  • Demandan tamén que o SERGAS actúe para evitar a demora nas citas médicas e a non prescrición de receitas.

O anuncio da admisión de dúas ofertas de dúas UTE que concorren á concesión do futuro novo hospital de Vigo, representa unha demostración máis do desprezo do actual goberno da Xunta de Galicia ao conxunto da cidadanía de Vigo que de xeito masivo rexeita o modelo privatizador que promove, como quedou patente nas dúas macromanifestacións celebradas na nosa cidade.

A Federación Veciñal quere expresar con rotundidade o seu completo rexeitamento e absoluta oposición á pretensión da Xunta de Galicia de converter unha infraestrutura sanitaria fundamental como é o novo Hospital nun zumento negocio lucrativo para o capital privado, que ademais multiplicará por sete os custos. Esiximos un Hospital 100% público, tanto na súa dirección e xestión coma no seu financiamento, como único xeito de salvagardar o dereito fundamental a unha asistencia sanitaria pública, gratuíta, universal e de calidade.

>>Seguir lendo

A Federación Veciñal urxe ao Alcalde a dotar a Vigo dun Centro de Emerxencia Social.

Luns, 23 Agosto 2010

  • ”Independentemente de onde, Vigo ten que dispor dun Centro de Emerxencia Social canto antes. Non se pode agardar máis” lle reclamaron ao rexedor.

Desde ás 11:00h até aproximadamente as 11:50h da mañá de hoxe, unha delegación da Comisión Permanente da FAVEC mantivo unha xuntanza co Alcalde de Vigo. A reunión foi convocada por parte do Alcalde, e ven de continuar a mantida hai escasamente un mes.

ESTACIÓN DE TRANVÍA DE CANIDO

O primeiro dos temas abordados foi a pretensión por parte da Alcaldía de recuperar para uso público a antiga Estación de Tranvía de Canido, que de conformidade co PXOM en vigor podería ser derribada para unha nova edificación. Nese senso anuncioulle aos representantes da Federación que emprenderá medidas para impedir legalmente esa posibilidade.

>>Seguir lendo

Instamos a Xunta e Concello a intensificar a inspección e sanción das verteduras no Río Lagares.

Venres, 20 Agosto 2010

Desde a Federación Veciñal “Eduardo Chao” de Vigo queremos manifestar publicamente a nosa preocupación perante o feito de que practicamente o 80% das verteduras ilegais no Río Lagares denunciadas por parte da Concellería de Medio Ambiente a Augas de Galicia, non provocasen apertura de expediente sancionador por parte da administración autonómica.

É de público coñecemento, e polo tanto unha realidade coñecida polos responsábeis políticos, que no curso do Río Lagares se seguen a perpetrar verteduras ilegais que contaminan as súas augas, cun impacto ambiental evidente sobre dun hábitat que debera ser protexido por parte das administracións públicas.

>>Seguir lendo

Blogs

En Vigo non imos esperar máis

areavigo.org. Cara a Área Metropolitana de Vigo

Punto de encontro veciñal para avanzar na construcción da Área Metropolitana de Vigo

Transporte Metropolitano de Vigo

En Vigo non imos esperar máis
un punto de encontro coa solidariedade
 

Sanidade

Axenda

Sen eventos
&taskvenda de locais en Barreiro 2euros pola participacion Moxenas Musical Galego locais comerciais e oficinas en navia Manifestación Sanidade 25 de Marzo
Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?
Favec Federacion Veciñal Vigo

Crea tu insignia
diseño web Hacce