A Federación
Áreas de Traballo
Convivencia
Move Vigo ![]()
Move Vigo cumpre cinco anos no 2007 e consolídase como o programa de dinamización que achega a cultura e o lecer a tódolos barrios e parroquias da cidade. Trátase dun programa nacido baixo o obxectivo fundamental de facer partícipe a toda a veciñanza das diferentes festas do ciclo anual do noso calendario e como resposta á grande oferta e demanda cultural que existe nos barrios e parroquias de Vigo.
O programa Move Vigo é posible grazas á rica traxectoria cultural das asociacións veciñais, auténticas protagonistas nos seus barrios e parroquias. Entidades nas que cada día tanto os máis cativos, como xoves e maiores aprenden e se xuntan en agrupacións para dar mostra colectiva do mellor facer da nosa cultura de base, dando así lugar a innumerables grupos das máis diversas modalidades.
Este programa, financiado polo Concello de Vigo, permite establecer un circuíto cultural que facilita o movemento destes grupos entre as diferentes asociacións para chegar así a máis público, fomenta o intercambio, e como complemento á oferta propia de cada asociación á vez que favorece a implicación directa dos integrantes de cada grupo.
Move Vigo leva a cabo as celebracións do ciclo anual como o nadal, o entroido, as letras galegas ou o San Xoán, festas que forman parte da cultura propia de Galicia, unha cultura tradicional que nos é común, que nos une a todos e nas que buscamos convertir os nosos barrios e parroquias en puntos de encontro, lugares de convivencia e espazos para a transmisión de valores.
Todo isto conleva ao deseño e execución de 5 programacións anuais: