O urbanismo constitúe unha peza fundamental para entender e desenvolver unha cidade. Esta vogalía trata de achegar esta disciplina á veciñancia falicitando a formación, comprensión e participación da cidadanía en materia urbanística.
Esta vogalía é un eido interconectado con outras moitas áreas de ámbito común (medio ambiente, arqueoloxía, saneamento e abastecemento, vivenda, etc...) e mesmo con cultura cando trata elementos históricos ou de valor artístico e arquitectónico.
Obxectivos
- Acadar un planeamento da cidade acorde co sentir popular, coas expectativas do periurbano, respetuoso co medio ambiente e as necesidades sociais e económicas.
- Acadar un estatus de control e interlocución entre o movemento veciñal e a administración.
- Ser foro de consulta, debate e información ubanística para a veciñanza.
Responsable da vogalía
Actuacións
- Trato e consultas coa xerencia de Urbanismo
- Atención de demandas de infraccións, consultas sobre calificacións urbanísticas
- Explicación e interpretación das figuras de planeamento nas parroquias
- Participación nas distinas mesas de traballo que tratan asuntos esenciais de cidade.
- Punto de Información Veciñal
- I.T.E.