Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Vivenda

ImageAs diferentes iniciativas que dende a FAVEC estamos a impulsar en materia de vivenda xorden dunha grande necesidade social, cada vez máis acuciante: a de ter acceso a unha vivenda digna a un prezo asequible.

Partindo desta premisa e como alternativa a un mercado que imposibilita a un numeroso sector da veciñanza poder ter unha vivenda en propiedade, a FAVEC empeza a valorar a posibilidade de promover vivendas de protección autonómica (V.P.A.) en parcelas de titularidade pública, xa sexa baixo a fórmula do cooperativismo ou como promotora.

Son actuacións recentes e en desenvolvemento na actualidade:

Obxectivos

Para poder entender estes proxectos desde o seu fundamento é preciso coñecer os principios e obxectivos estatuarios da FAVEC que recollen, entre outros, o seguinte:

  • Xustiza social (dereito a unha vivenda digna, dereito a sanidade pública, dereito a un posto de traballo, dereito a igualdade entre mulleres e homes).

Establécense asimesmo como obxectivos:

  • Facilitar o acceso a unha vivenda digna a un prezo asequible.
  • Contribuír á mellora da calidade de vida da veciñanza con algo tan básico como a vivenda.
  • Ofertar un servizo que revirta directamente en beneficio da veciñanza.
  • Impulsar novas iniciativas sociais e recuperar espazos para a cidadanía.