Enquisa

Infraestruturas urxentes
¿Cres que Vigo precisa dun Albergue Municipal?

Lista distribución



¿Acepta HTML?

Promoción

ImageO movemento veciñal proclama un estilo de vida concreto, un estilo no que a preocupación polo contorno é unha constante, a preocupación por mellorar a calidade de vida de cada veciño e veciña, desde aspectos como a saúde ou o consumo ata cuestións como arranxo de beirarrúas ou a limpeza de cunetas. Detalles que van sumando e facendo posible unha cidade máis habitable.

É por todo isto polo que a FAVEC ten como meta promover o movemento veciñal e consolidalo como eixo vertebrador do tecido asociativo da cidade.

Esta promoción do movemento veciñal vai desde a optimización de recursos ata a formación específica ou o asesoramento especializado. A promoción veciñal é a que posibilita que o movemento veciñal de Vigo poida levar a cabo accións e campañas conxuntas en beneficio da veciñanza.

Obxectivos

  • Facilitar a formación continua dos directivos veciñais.
  • Consolidar o movemento veciñal como un referente de compromiso e acción.
  • Optimizar os recursos existentes en beneficio das asociacións e os seus asociados-as.
  • Liderar campañas de presión conxuntas.
  • Unificar criterios de traballo.
  • Ofertar calidade nas nosas propostas.

Responsables de Área

Actuacións