rúa Extremadura, nº21
Vías e obras
Esta fochanca supón un perigo para os viandantes, xa moita xente ten caído aquí debido á súa profundidade, que pouco a pouca vai a máis, moitos dos peóns incluso prefiren circular pola calzada antes de ter que sorteala. Cando chove convírtese nun profundo charco que obstaculiza o poder andar pola beirarrúa. A culpa de todo é dos camións que traballaban na recente construción do número 13 que non dubidaban en invadir a beirarrúa para facer as súas descargas e aquí temos o resultado. A situación foi denunciada ante o Concello en repetidas ocasións pero vamos xa para máis de 8 meses e ninguén fai nada.